O Arquivo da Fundación Isla Couto constitúese en xaneiro de 2015 a raíz do depósito e custodia da documentación persoal e profesional de Xaime Isla Couto e Ramiro Isla Couto.
O Arquivo consta de dous fondos:
- Fondo Xaime Isla Couto (1915-2012).
- Fondo Ramiro Isla Couto (1896-1987).
Pódese acceder aos cadros de clasificación dos seus fondos e ás condicións de acceso e consulta no seguinte enlace ou a través da ficha do Arquivo da Fundación Isla Couto no Censo-Guía do Ministerio de Cultura.
Desde 2015, os traballos de ordenamento, catalogación e inventariado dos Arquivo da Fundación Isla Couto teñen sido apoiados pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través das súas axudas anuais de Arquivos.
En 2023 recibiuse unha axuda do Ministerio de Cultura para a descripción e dixitalización dunha parte dos dous Fondos do Arquivo no marco do marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.