Arquivo da Fundación Isla Couto

O Arquivo da Fundación Isla Couto nace en xaneiro de 2015 a raíz do depósito e custodia da documentación persoal e profesional de Xaime Isla Couto e Ramiro Isla Couto.

O Arquivo consta de dous fondos:

Censo-Guía de arquivos de españa e de iberoamérica

Acceso á ficha do Arquivo da Fundación Isla Couto no Censo-Guía do Ministerio de Cultura.

Responsable técnico do arquivo

Inhaqui Solla Covelo.

LOCALIZACIÓN

Rúa Vázquez Varela 54, 3º andar, 36204 Vigo.

CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

Arestora o arquivo da Fundación atópase en proceso de ordenamento, catalogación e inventariado polo que o acceso á documentación fica limitado pola natureza dos traballos que se están a desenvolver.

Pregamos se realice unha consulta previa sobre a dispoñibilidade de consulta no teléfono 986 437 106 en horario de 10,00 h. a 14,00 h de luns a venres. Pechado en agosto.

Financiamento público do arquivo

Desde 2015, os traballos de ordenamento, catalogación e inventariado dos Arquivo da Fundación Isla Couto teñen sido apoiados pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través das súas axudas anuais de Arquivos.

En 2023 recibiuse unha axuda do Ministerio de Cultura para a descripción e dixitalización dunha parte dos dous Fondos do Arquivo no marco do marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.