Biblioteca de Humanidades da Fundación Isla Couto

A creación da Biblioteca responde ao desexo dos fundadores de “dotación dunha Biblioteca de Ciencias Humanas de carácter interdisciplinar, ao servizo dos estudiosos da realidade social e histórica de Galicia e da súa problemática actual”, segundo consta no artigo 6.1 dos Estatutos da Fundación Isla Couto.

Estableceuse esta Biblioteca como ampliación da vella sección de economía da Biblioteca Penzol e como complemento desta, fornecéndoa das obras fundamentais do pensamento universal na área das Humanidades.

Atópase dividida nas seccións de “Ciencias Sociais”, “Ciencias Relixiosas e Espiritualidade” e “Ciencia Rexional, Nación, Cuestión Nacional e Nacionalismos”.

Na actualidade ten rexistrados máis de 7.000 títulos e no momento da súa plena catalogación acadará en torno aos 15.000.

O responsable da Biblioteca é Inhaqui Solla Covelo.

Pódese contactar no teléfono: 986 437 106

Sección de Ciencias Sociais

Localización

Non ubicada na actualidade de forma transitoria

Fondos bibliográficos

Consta de 3.056 volumes referidos aos temas relacionados con Desenvolvemento Comunitario, Ciencias Políticas, Socioloxía, Historia e Economía.

Acceso aos fondos.

Condicións de acceso e uso

Non accesible de forma transitoria.

Sección de Ciencias Relixiosas e Espiritualidade

Localización

Rúa Vázquez Varela 54-56, 36204 Vigo.

Fondos bibliográficos

Consta de 2.706 volumes referidos a temas de relixiosidade, espiritualidade e filosofía.

Acceso aos fondos.

Condicións de acceso e uso

Consulta en sala, previa cita no teléfono 986 437 106 en horario de 10,00 h. a 14,00 h de luns a venres.

Sección de Ciencia Rexional, Nación, Cuestión Nacional e Nacionalismo

Localización

Avda. de Madrid 44, 36204 Vigo

Fondos bibliográficos

Consta de 616 volumes referidos aos temas relacionados coa cuestión rexional e nacional no ámbito mundial.

Acceso aos fondos.

Condicións de acceso e uso

Consulta en sala, previa cita no teléfono 986 437 106 en horario de 10,00 h. a 14,00 h de luns a venres.