Descarga o roteiro didáctico: “Os irmáns Isla Couto en Compostela”

Co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Fundación Isla Couto presenta o roteiro didáctico “Os irmáns Isla Couto en Compostela”, elaborado por Xosé Luís Pastoriza.

Este roteiro didáctico nace coa vocación de recuperar a estreita vinculación de Ramiro e Xaime Isla Couto con Santiago de Compostela. En Compostela naceu Xaime Isla o 23 de outubro de 1915. E nela viviu e estudou Ramiro até que emigrou a Buenos Aires en 1911. Malia as distancias, moitos dos principais acontecementos da súa vida aparecen ligados a Compostela e ás persoas, iniciativas políticas e culturais e institucións que atoparon hospitalidade e fogar na capital simbólica e política de Galicia.
Agardamos que este roteiro permita descubrir en 26 paradas as pegadas
compostelás dos irmáns Isla Couto no seu proxecto compartido de
construír unha Galiza nova nunha Humanidade mellor.

Podes descargar o roteiro aquí

Os comentarios están pechados.

» Mais novas da Fundación