PASTORIZA ROZAS, X.L e AGÍS VILLAVERDE, M. (Eds.). Xaime Isla Couto: Repensar Galicia, proxectar Galicia, facer Galicia. Vigo, Fundación Isla Couto, 2022.
A Fundación Isla Couto, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, presenta a primeira obra colectiva de estudo da vida, obra e compromiso militante galeguista de Xaime Isla Couto.
O volume ábrese cunha conversa inédita do ano 1993 de Xaime Isla con María Luís Brey ao xeito de autobiografía intelectual.
No volume, editado por Xosé L. Pastoriza e Marcelino Agís, e dividido en tres seccións (Galeguismo, Economía e Cultura, Cristianismo) colaboran Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Justo Beramendi, Xosé L. Franco Grande, Miguel Barros, Carlos Baliñas, Miguel Anxo Bastos, Xavier Martínez Cobas, Antón Vidal Andión, Alba Iglesias Varela, Rocío Carolo Tosar, Quico Domínguez, Xosé Fernández Lago, Marcelino Agís e Xosé Carlos Morell.
Este libro pódese mercar aquí.
Este libro pódese descargar de forma gratuíta aquí.
ISLA COUTO, Ramiro. A semente caía en terra propicia. Cartas ao meu benquerido irmán Xaime (1927-1957). Edición ao coidado de Xosé L. Pastoriza Rozas. Cun limiar de Xosé M. Núñez Seixas. Vigo: Fundación Isla Couto
A Fundación Isla Couto, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, recupera o epistolario de Ramiro Illa co seu irmán Xaime Isla.
Un total de 55 cartas enviadas desde Arxentina, Brasil, Galicia, Portugal, Colombia, Perú, Uruguai e Venezuela entre 1927 e 1956 e que para Xaime eran “o mellor tesouro que teño na miña vida”, porque “esta correspondencia foi a miña escola e a mellor universidade a distancia que tiven na vida”.
Como salienta Xosé M. Núñez Seixas no prólogo, este epistolario “constitúe un tesouro con múltiples facetas” que testemuña un caso singular de “aprendizaxe emocional da nación” entre dous irmáns de sangue e dous irmáns no galeguismo.
Este libro pódese mercar aquí.
Este libro pódese descargar de forma gratuíta aquí.