Novo libro sobre o Padre Seixas

Portada do libro editado por SEPT

Portada do libro editado por SEPT

O xesuíta Manuel Cabada Castro presentou o mércores, 11 de decembro de 2013, no Colexio Santiago Apóstolo de Vigo o seu novo libro O Padre Seixas desde dentro. Unha aposta progresista, galeguista e universalista. Este novo libro editado por SEPT foi presentado polo autor acompañado por Quico Domínguez e mais Alfonso Zulueta de Haz.

O Padre Xaime Seixas Subirás, S.X. (Santiago de Compostela,1915-Villagarcía de Campos,1994), amigo e irmán na Fe da familia Isla Couto, foi un activista da inculturación da fe cristiá  e da galeguización da Igrexa en Galicia. O 25 de xullo de 1965 celebrou a primeira misa en galego co gallo da Misa de Rosalía en San Domingos de Bonaval. Tras regresar dunha estadía de catro anos como misioneiro en República Dominicana e Haití, o Cardeal Quiroga Palacios encargoulle dar misa e tras instalarse en Vigo no 1965, fundou a Comunidade de Vida Cristiá Nosa Señora da Guía e Santiago Apóstol vinculouse ao galeguismo e ao movemento obreiro católico, como a Vangarda Obreira Xuvenil ou a Vangarda Obreira Feminina que crea na Coruña xunto con Filomena Beiras.

Este libro vén encher o baleiro sobre a vida e obra do Padre Seixas do que contabamos cun fermoso libro de Conversas con Silvestre G. Xurxo tamén editado por SEPT no ano 1985.

Entrevista no Faro de Vigo co autor: ver

Manuel Cabada Castro co seu libro sobre o Padre Seixas. Fotografía de José Lores para Faro de Vigo

Manuel Cabada Castro co seu libro sobre o Padre Seixas. Fotografía de José Lores para Faro de Vigo

 

Os comentarios están pechados.

» Mais novas da Fundación