Novo libro de Marcelino Agís Villaverde sobre Xaime Isla Couto e a Misa de Rosalía de 1969

A Editorial SEPT e a Fundación Isla Couto comprácense en anunciar a publicación do libro Xaime Isla Couto: entre o Galiza Ceibe e o Venceremos Nós. Os feitos acaecidos na Misa de Rosalía 1969 da autoría do noso padroeiro e catedrático de Filosofía na USC, Marcelino Agís Villaverde.

O libro está dividido en dúas partes. A primeira parte realiza unha miúda reconstrución da Misa de Rosalía e a loita pola liturxia en galego, mentres que a segunda parte reconstrúe os feitos acaecidos en 1969 o día de Galicia, 25 de xullo, á saída da Misa de Rosalía, cando Xaime Isla Couto foi detido pola policía franquista despois do canto do “Venceremos” e dos berros de “Viva Galiza Ceibe” e “Liberdades pra Galicia”. Con base na documentación conservada no Fondo Xaime Isla Couto do Arquivo da Fundación Isla Couto, o profesor Agís narra dos feitos acontecidos tanto á saída da Misa de Rosalía como o posterior axuizamento e condena de Xaime Isla polo Tribunal de Orden Público. Unha sentenza que sería anulada pola sala segunda do Tribunal Supremo nunha sentenza que afirmaba que o berro de “Viva Galiza Ceibe” non perturbara a paz cidadá.

O libro, editado en formato epub e pdf, e de acceso universal e gratuíto, pódese descargar e ler aquí:Xaime Isla Couto. Entre o Galiza Ceibe e o Venceremos Nós

Ou tamén neste enlace en issuu.com.

Os comentarios están pechados.

» Mais novas da Fundación