Nova edición da “Crónica viva do pensamento galego” de Marcelino Agís

Vinte anos despois da súa primeira edición, o catedrático de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, Marcelino Agís Villaverde, agasállanos con esta segunda edición revisada e ampliada.

Cun prólogo de Xaime Isla Couto e un epílogo de Carlos Baliñas, mestres do autor, esta obra viu a luz co obxectivo de sensibilizar e levar ao gran público unha visión sintética e esencial do que foi a vida e a obra de figuras senlleiras da nosa historia cultural e do presente.Guiado por un talento didáctico exemplar, escrito cun estilo sinxelo, diáfano e atraente, sen pretensión erudita ou sistemática, e penetrado de quentura, humor e subxectividade, é un libro ideal para iniciar e incitar ao coñecemento necesario dos nosos grandes pensadores.

Este libro pódese mercar aquí.

Os comentarios están pechados.

» Mais novas da Fundación