O venres, 2 de outubro, abriu as súas portas ás 12 horas na Casa Galega da Cultura de Vigo (Praza da Princesa, 2) a exposición “Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia”, organizada pola Fundación Isla Couto coa colaboración da Editorial Galaxia, do Concello de Vigo e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
O acto de inauguración contou coa intervención de: Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto; Xosé L. Pastoriza, comisario da exposición; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; e Abel Caballero, alcalde de Vigo.
Para visualizar as imaxes do acto, premer aquí.
Académico, economista, profesor, soñador dunha Galicia nova nunha humanidade mellor, sementador de bibliotecas e conversas, emprendedor cultural infatigable… Esta exposición desvela o compromiso vital e a imaxinación creativa do grande proxectista da Xeración Galaxia no centenario do seu nacemento.
Até o día 2 de novembro, a exposición poderá ser visitada nos seguintes horarios:
- Luns a venres, de 18 a 21 h.
- Sábados, de 12 a 14 h e de 18 a 21 h.
- Domingos e festivos, de 12 a 14 h.
Descarga o folleto da exposición aquí
Novas sobre a inauguración da exposición: