A Fundación Isla Couto e a Fundación Juana de Vega apoian o Observatorio Eólico de Galicia da Universidade de Vigo

O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia. O OEGA nace da colaboración entre a Fundación Juana de Vega, a Fundación Isla Couto e a Universidade de Vigo. Esta decisión plasmouse nun Convenio asinado por Joaquín Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto, e Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega.

O observatorio, liderado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, ten por obxecto realizar investigacións sobre o sector eólico en Galicia co gallo transferir coñecemento entre os axentes participantes, ademais de favorecer a transparencia dos procesos de ocupación de terreos destinados a parques eólicos e identificar e amosar os impactos positivos que a enerxía eólica xera no mundo rural.

 

Os comentarios están pechados.

» Mais novas da Fundación