O xoves, 22 de setembro, abriu as súas portas ás 19 horas na Facultade de Filosofía da USC (Praza de Mazarelos, s/n) en Santiago de Compostela a exposición “Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia”, organizada pola Fundación Isla Couto e a Sociedade Interuniversitaria de Filosofía coa colaboración da Editorial Galaxia, da USC e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
O acto de inauguración contou coa intervención de: Xosé L. Pastoriza, comisario da exposición e padroeiro da Fundación Isla Couto; Marcelino Agís Villaverde, presidente da SIFA, Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia; e Roberto Javier López López, vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa da USC.
Para visualizar as imaxes do acto, premer aquí.
Académico, economista, profesor, soñador dunha Galicia nova nunha humanidade mellor, sementador de bibliotecas e conversas, emprendedor cultural infatigable… Esta exposición desvela o compromiso vital e a imaxinación creativa do grande proxectista da Xeración Galaxia no centenario do seu nacemento.
Até o día 21 de outubro, a exposición poderá ser visitada nos seguintes horarios:
- Luns a venres, de 8 a 21 h.
Descarga o folleto da exposición aquí
Novas sobre a inauguración da exposición: