A exposición “Xaime Isla: Raíz e utopía de Galicia” chega a Raxó (Poio): desde o 2 de maio de 2017

O martes,  2 de maio abrirá as súas portas no Centro Cultural Xaime Illa Couto (Rúa da Igrexa, 16) de Raxó (Poio) a exposición “Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia”, organizada pola Fundación Isla Couto, o Concello de Poio e a Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó.

Neste ano conmemoramos 5 anos do pasamento de Xaime Isla un 25 de abril e os 25 anos do concurso literario “Xaime Illa” celebrado co gallo das Letras Galegas e que organiza o Concello de Poio. Por este motivo, a exposición conmemorativa do centenario e vida de Xaime Isla ficará instalada con carácter permanente no Centro Cultural de Raxó que leva o seu nome.

Académico, economista, profesor, soñador dunha Galicia nova nunha humanidade mellor, sementador de bibliotecas e conversas, emprendedor cultural infatigable… Esta exposición desvela o compromiso vital e a imaxinación creativa do grande proxectista da Xeración Galaxia no centenario do seu nacemento.

A exposición poderá ser visitada de luns a venres, de 16.30 a 21.30 h.

Descarga o folleto da exposición aquí

Descarga o cartel da exposición aquí

Descarga a unidade didáctica da exposición aquí

Os comentarios están pechados.

» Mais novas da Fundación