20-21 de outubro de 2016: Simposio “Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia” en Santiago de Compostela

cartel_simposioxaimeislacouto_20_21outubro2016

Entre os días 20 e 21 de outubro de 2016 celebrarase na Facultade de Filosofía da USC (Praza de Mazarelos, s/n), o Simposio Internacional “Xaime Isla Couto: raíz e utopía de Galicia”, en conmemoración do centenario do nacemento do académico, economista, avogado e catedrático de Universidade.

O programa abordará as múltiples facetas e compromisos vitais e intelectuais de Xaime Isla: o seu galeguismo político, cultural, social e relixioso e o seu pensamento humanista e renovador da economía.

A inscrición é gratuíta e pode realizarse até o día de comezo do Simposio enviando un email cos seguintes datos (Nome e apelidos, DNI, teléfono e email de contacto) ao seguinte enderezo: info@fundacionislacouto.org.

Descarga o programa aquí

PROGRAMA
Xoves, 20 de outubro de 2016

Mañá

9.00. Entrega de documentación

9.30. Inauguración

  • Juan Viaño, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
  • Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto.
  • Marcelino Agís, presidente da Sociedade Interuniversitaria de Filosofía.

Sección I. O galeguismo político de Xaime Isla

  • 10. 00. Carlos A. Baliñas (USC): “Un intento de Partido Galeguista: o Partido Popular Galego (1976-1979)”.
  • 10.30. Uxío-Breogán Diéguez (UDC): “Xaime Illa: dos agrupamentos Ultreya á Federación de Mocedades Galeguistas (1932-1936)”.
  • 11.00. Justo Beramendi (USC-Museo do Pobo Galego): “Os dilemas do galeguismo baixo a Ditadura”.
  • 11.30. Rolda aberta.

11.45. Descanso

12.15. Visita guiada á exposición “Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia”

  • 12.45. Miguel Barros (USC): “A Xeración Galaxia e a revisión do nacionalismo”.
  • 13.15. Ramón Villares (USC-Consello da Cultura Galega): “A viraxe de 1950: da política á cultura”.
  • 13.45. Rolda aberta

Tarde

Sección II. O pensamento humanista de Xaime Isla

  • 16.00. Carlos Fernández (UVIGO): “O pensamento epocal da Xeración Galaxia”.
  • 16.30. Alba Iglesias (USC): “O rexionalismo xaponés de Kenichi Ohmae no pensamento de Xaime Isla”.
  • 17.00. Xosé Luis Pastoriza (USC): “Xaime Isla e os homes da Populorum Progressio: J. Maritain, W. Röpke, E. Mounier e J-L. Lebret”.
  • 30. Rolda aberta

17.45. Descanso

  • 18.15. Pepe Barro (Grupo Revisión Deseño): “Tres pés para un tríscele. Os irmáns Isla Couto e a identidade corporativa de Zeltia”.
  • 19.15. Rolda aberta

 19.30. Presentación da fotobiografía “Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia” (Vigo, Editorial Galaxia, 2015).

 Venres, 21 de outubro de 2016

Mañá

Sección III. O pensamento económico de Xaime Isla.

  • 10.00. Xoán Carmona (USC): “O emprendemento galeguista: os irmáns Fernández López e os Illa Couto”.
  • 10.30. Mesa redonda: “O pensamento económico galego nos anos 50 e 60”.
    • Miguel Anxo Bastos (USC): “Liberalismo económico no galeguismo da posguerra”.
    • Xavier Martínez Cobas (UVigo): “Os berros galeguistas de Xaime Isla: a Revista de Economía de Galicia”.
    • Modera: Xosé L. Pastoriza (USC)
  • 11.30. Rolda aberta.

11.45. Descanso

Sección IV. Xaime Isla e a galeguización da Igrexa.

  • 12.15. Quico Dominguez (SEPT): “Xaime Isla e a inculturación da Igrexa Galega”.
  • 12.45. Xosé Fernández Lago (ITC): “A tradución da Biblia ao galego desde as linguas orixinais. Atrancos e axudas no camiño da luz”.
  • 13.15. Marcelino Agís (USC): “A misa de Rosalía: os acontecementos de 1969”.
  • 13.45. Rolda aberta.

Tarde

Sección V. O galeguismo cultural de Xaime Isla

  • 16.00. Víctor F. Freixanes (Editorial Galaxia): “A Editorial Galaxia: a ollada visionaria de Xaime Isla”.
  • 16.30. Xosé Luís Franco (Real Academia Galega): “Xaime Isla nas orixes do europeísmo en Galicia”.
  • 17.00. Mª Dolores Villanueva (Fundación Penzol): “Xaime Isla, o proxectista da Editorial Galaxia (1950-1963)”.
  • 17.30. Rolda aberta.

17.45. Descanso

Sección VI. Xaime e os “Novos”: a transmisión xeracional do galeguismo

  • 18.15. Xosé Carlos Morell (Empresario): “O futuro da cultura galega e Xaime Isla: entre o pragmatismo e a revolución”.
  • 18.45. Camilo Nogueira (Economista e ensaísta): “Xaime Isla e o galeguismo que herdamos”.
  • 19.15. Rolda aberta

 

 

19.30. Mesa de clausura: Xaime Isla nas institucións galegas

  • Real Academia Galega
  • Alberte Meixide, padroeiro da Fundación Isla Couto.
  • Antón Vidal, presidente da Editorial Galaxia.

 

 

Os comentarios están pechados.

» Mais novas da Fundación