Áreas de interese

A Fundación Isla Couto publica en colaboración coa Editorial Galaxia ensaios, estudos e investigacións vencellados ás áreas de traballo da Fundación e do IGESCO nos eidos da ciencias humanas e sociais e da teoloxía cunha especial atención ás seguintes temáticas:

a) Desenvolvemento comunitario local.
b) Sociedade civil.
c) Humanismo cristián e pensamento galego.
d) Teoloxía e espiritualidade cristiá.
e) Ciencia rexional.
f) Cuestión nacional e nacionalismo.