Fotobiografía “Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia”

Fotobiografía Xaime Isla Couto: Raíz e Utopía de GaliciaA Fundación Isla Couto en colaboración coa Editorial Galaxia, publica a fotobiografía “Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia” na que se realiza por ver primeira unha presentación ampla da vida e obra de Xaime Isla Couto (Santiago de Compostela, 1915 – Vigo, 2012).

Académico, economista, profesor, soñador dunha Galicia nova nunha humanidade mellor, sementador de bibliotecas e conversas, emprendedor cultural infatigable… Esta fotobiografía desvela o compromiso vital e a imaxinación creativa do grande proxectista da Xeración Galaxia no centenario do seu nacemento.

A estrutura do libro desvela tanto a historia visible ou externa como a historia interna ou íntima de Xaime Isla. Tras dunha cronobiografía que escolma os feitos máis significados da súa existencia, por vez primeira axúntanse os textos que dedicou á familia, aos amigos e irmáns no galeguismo así como os escritos nos que puxo Galicia en obras na materialización da súa imaxinación creadora. Esta faciana externa da súa obra compleméntase cun capítulo dedicado a Xaime no espello, onde se fende a distancia do personaxe histórico para desvelar a sensibilidade do seu espírito, reflectido na ollada dos outros e de si mesmo, nun relato de intimidades. E a carón de Xaime, a presenza xenuína de Cristina, compañeira de vida no común espírito de doazón a Galicia.

Para consultar as primeiras páxinas da fotobiografía, premer aquí

Os comentarios están pechados.

» Mais novas da Fundación