23 de outubro. Actos en lembranza do centenario de Xaime Isla

Portada dedicada a Xaime Isla co gallo do seu centenario

Portada dedicada a Xaime Isla co gallo do seu centenario

Este venres, 23 de outubro, lembramos con agarimo e agradecemento o centenario do nacemento de Xaime Isla en Santiago de Compostela. Naquela noitiña abría os ollos á luz da Terra -na casa cuartel da Garda Civil, daquela situada na Praza de San Miguel dos Agros- o fillo máis novo de Fidel Isla e Manuela Pazos.

Para celebralo, a Fundación Isla Couto únese á Comunidade de Vida Cristiá Nosa Señora da Guía-Santiago Apóstolo na organización dunha eucaristía na súa lembranza que terá lugar na Igrexa dos Apóstolos de Vigo (cruce das rúas Marqués de Valladares e Velázquez Moreno) ás 20.30 horas do sábado, 24 de outubro.

Xuntamente, a Fundación Penzol dedica o seu Novas número 12 á vida e obra de Xaime.

Por último, a revista de crentes galegos Irimia no seu número 931 (19 de outubro a 1 de novembro de 2015) dedica a súa portada a Xaime e reproduce unha escolma da entrevista inédita de Xaime con María Luisa Brey, que será publicada nos vindeiros meses por SEPT.

Beizón aos que, coma Xaime, loitaron pola redenzón da nosa Terra! Saúde e Ben!

Os comentarios están pechados.

» Mais novas da Fundación